Páxinas

domingo, 5 de xaneiro de 2014

Na víspera de Reis


Queiramos ou non sempre aprendemos e así estes días aprendín unha cousa relacionada cos Reis. É o " Arrastre ", unha tradición de Algeciras que se está a realizar neste preciso momento no que escribo. Din que hai un xigante que se chama Botafuegos que odia os nenos e que este día aproveita para facer unha fogueira xigante que provoca tanto fume que os Reis Magos son incapaces de baixar a Algeciras para deixar agasallos. Para evitar isto os nenos arrastran un feixe de latas polas rúas para facer o ruido suficiente para que o xigante non apareza.
Aquí hai máis información.
E que os nenos de Algeciras arrastren o suficiente para que, de paso, non haxa Nubeiros por estas terras e así os Reis che deixen algún presente.


4 comentarios:

  1. Temo que os nubeiros esta noite fagan o seu agosto. ;) Felices Reis!

    ResponderEliminar
  2. Uma lenda muito interessante
    Um abraço e feliz dia de Reis

    ResponderEliminar
  3. Os nubeiros non te escoitaron, mais espero que os reises foran xenerosos.
    (paréceme linda a tradición, sobre todo cando hai nenos nas casas)

    ResponderEliminar
  4. Non sei eu si será moi agradable estar en Algeciras ese día a esa hora. Polo ruido, digo.
    Curiosa costume

    Unha aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?