Páxinas

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Vou vello



Seica vou vello. O oído fállame e dá lugar a situacións simpáticas e non tanto. O outro día oín un anuncio na radio de que o programa Topless era o máis visto na televisión e eu pensei para min que non tiña nada de raro. De alí a pouco repetiron machaconamente o anuncio e xa o escuitei millor e non era Topless senón Top Chef.
A vista tamén me falla e a presbicia obrígame a empregar a " máquina de enfiar agullas " que é o nome humorístico que lle dá un compañeiro do choio ás gafas. E non só teño problemas coa vista a curta distancia senón que teño problemas coa longa distancia e así o traxe de motorista dun trinque seméllabame un traxe de gaiteiro.
Non sei como vai rematar isto !.

9 comentarios:

  1. E amigo, os anos passam e às vezes fazem das suas.
    E olhe que há "máquinas de enfiar agulhas" cheias de estilo.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. "E olhe que há "máquinas de enfiar agulhas" cheias de estilo".

    Elvira tiene razón

    ResponderEliminar
  3. Como di Elvira, as "Máquinas de enfiar agullas" están de moda e hai quen as leva sen necesitalas, ou mesmo busca excusas para ir pola vida de Morrisey nos 80. Xusto ao revés ca nos nosos tempos!
    Non é de vellos, é de hipsters!

    ResponderEliminar
  4. EU MERCARIA UNHA MÁQINA DE ENFIAR AGULHAS ESCOITELLE UNHA VEZ A ALGUEN QUE VELLOS SOLO SON OS FARRAPOS.
    APERTAS

    ResponderEliminar
  5. Pois eu diríache que foras ao "médico do cú" (como di o parente): o-cu-lista
    Cando pase por onda ti estarei atenta a ver se me miras...

    ResponderEliminar
  6. pois eu debo estar velha tamém porque me parecía de San Nicolás :P

    hahahaha

    moitos biquinhos
    meni*

    ResponderEliminar
  7. Ben, fillo, a alternativa a non ir vello xa sabes cal é. A min non me mola nada. ;)

    ResponderEliminar
  8. jaja, esa é a sorpresa da vida, ir vendo como se desenvolven as cousas. Eu creo que non queremos morrer pola curiosidade:non queremos perdernos o que pasa no mundo.

    ResponderEliminar
  9. Pois eu pensei que era un Papá Noel, e iso que puxen a foto en grande.
    Hai moitos anos, cando aínda estaba moi lonxe de sufrir presbicia, vin un cartel grande nunha obra e, como se achegaba o Nadal, díxenlle ás miñas amigas: "Vaia detalle de Paco". Miráronme extrañadas, e sinalei o cartel dicindo: "Non lle debeu saír barato poñer ahí ese cartel de felicidades de Paco". Aínda lembro cómo se riron. O cartel dicía, en realidade, "facilidades de pago".

    Unha aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?