Mil pode ser pouco ou muito dependendo de que asunto. Se son estrelas ou pingas de chuvia son poucas pero se son bicos e apertas xa é outro cantar.
Eu hoxe falo de mil porque é o número de posteos que levo neste blogo (
o anterior non o conto ) que xa é unha cantidade respectable tal como vai a vida dos blogos.
Só espero seguir posteando outros miles e que os comentarios tamén se multipliquen ( xa levo máis de nove mil cincocentos ).
Supoño que só precisarei dunha mente curiosa con ganas de descubrir e de diversión.
Xa se mirará !.
Pois parabéns polos mil(es). Xa vexo que Xela e Leo medran que se matan!
ResponderEliminarMoitos bicos.
Por outros mil! Comentarios non han faltar. :)
ResponderEliminarPalabras maiores, tal como vai o mundo dos blogos, si. Alédame ben ter participado na feitura deses máis de nove mil cincocentos comentarios. E seguindo.
ResponderEliminarMil parebéns
Parabéns, Pedriño. Xa me gustaría a min ser así de constante!
ResponderEliminarO meu está un pouco abandonado por culpa do Facebook, así que tentarei seguirte e de cando en vez facerche a competencia.
Saúde e Terra!
E que non falten as ganas de compartir!
ResponderEliminarParabéns polos MIL !!!! (NON é calquer cousa)
Parabéns!
ResponderEliminarQue sexan outros mil para empezar, e outros mil, e outros mil... e que o sigamos vendo.
Unha aperta