Páxinas

domingo, 9 de marzo de 2014

Entruido 2014


No sábado vestímonos de piratas e alá fomos por Vilaguindastre adiante. O Leo xogou cos compañeiros e bailou cando cantaban as coplas. Xela portouse ben despois do desgusto de espertar da sesta e bailou como a que máis e era a admiración de muita xente. Eu fixen o que puiden e pelexei contra muitos nenos e tratei de animar aos piratas miróns a que se metesen na comparsa.


 

 

Só catro comparsas cantaron as coplas e a nosa tratou de impostos con retraso, da supresión da festa dos callos e o invento da Galia de Vilaguindastre e das pingueiras en edificios do concello ,etc, etc.
Hoxe enterraron a sardiña pero xa nos colleu na cidade das Burgas onde tocou a subida das escaleiras da ponte do milenio cos seus candados de amor e pintadas.

3 comentarios:

  1. Non sabía eu iso dos cadeados. Deben ser posteriores á miña época alí.

    ResponderEliminar
  2. Moi chulos os disfraces. E ese barco está xenial (quero un así).

    Da gusto ver cómo os nenos o pasan tan ben. E disfrutar tamén un da aínda máis gusto

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. era o voso primeiro ano nas comparsas, non si?
    parece que foi unha boa experiencia,
    e os disfraces moi logrados.

    Non parades! iso é bo, denota enerxía e alegria, e chucharlle o zume á vida. Parabéns!

    ResponderEliminar

És humano ti ?