" Non llo repices ! ", así dixo Naideleo a Leo cando lle trataba de sacar pola forza un xoguete das mans a Xela. Eu nunca oíra iso pero a familia de Arbo dixo que significa arrancar ou tirar con forza.
Quedei coa mosca atrás da orella e pregunteille ao
Dicionario de dicionarios e non saía nada. Despois pregunteille ao señor Google e xa me encamiñou e descubrín que polo menos existe en
Tomiño ( de onde collín a ilustración deste posteo ) e
nunha vila de Zamora ! anque variando un chisco o significado.
En fin, outra palabra máis para " artesourar ".
Pois para min, ler o título e lembrar a miña nai foi todo unha, así que por Ourense, polo concello de Maceda, debe dicirse tamén.
ResponderEliminarGustoume iso de aRtesourando.
Unha aperta
Andei dando uma volta por aí pondo a leitura em dia e vendo as fotos.
ResponderEliminarOs meninos estão lindos.
Um abraço
ResponderEliminarAlís, non sabía que se dicía repizar por Maceda.
Descubrín outro sitio en Zamora onde din repizar que é Boya de Aliste e outro en Salamanca, Albergueria de Argañán.
Nunca escoitar "repizar" grazas pola achega (e a naideleo por descubrírnola)
ResponderEliminar:)