Páxinas

martes, 11 de marzo de 2014

Non llo repices !


" Non llo repices ! ", así dixo Naideleo a Leo cando lle trataba de sacar pola forza un xoguete das mans a Xela. Eu nunca oíra iso pero a familia de Arbo dixo que significa arrancar ou tirar con forza.
Quedei coa mosca atrás da orella e pregunteille ao Dicionario de dicionarios e non saía nada. Despois pregunteille ao señor Google e xa me encamiñou e descubrín que polo menos existe en Tomiño ( de onde collín a ilustración deste posteo ) e nunha vila de Zamora ! anque variando un chisco o significado.
En fin, outra palabra máis para " artesourar ".

4 comentarios:

  1. Pois para min, ler o título e lembrar a miña nai foi todo unha, así que por Ourense, polo concello de Maceda, debe dicirse tamén.

    Gustoume iso de aRtesourando.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Andei dando uma volta por aí pondo a leitura em dia e vendo as fotos.
    Os meninos estão lindos.
    Um abraço

    ResponderEliminar


  3. Alís, non sabía que se dicía repizar por Maceda.
    Descubrín outro sitio en Zamora onde din repizar que é Boya de Aliste e outro en Salamanca, Albergueria de Argañán.

    ResponderEliminar
  4. Nunca escoitar "repizar" grazas pola achega (e a naideleo por descubrírnola)

    :)

    ResponderEliminar

És humano ti ?