Páxinas

domingo, 13 de abril de 2014

Mediando abril

Estou botando unha tempada traballando de noite e non vou ter vagar abondo para visitar estas leiras virtuais así que irei actualizando como poida.
Nesta semana fomos ao cine a mirar " Mr Peabody e Sherman " e Xela tamén ía ir ao cine por primeira vez se non quedase durmida.
Onte sábado fixo un día fermoso así que collemos o barco para cruzar a ría.
Leo aprendeu en directo o significado da palabra ronsel.

 
 
Tamén tivemos oportunidade de mirar o barco de salvamento probando os tubos de lanzar auga.

 
No parque doutra beira da ría desfrutaron os dous.







Pero o que máis lles gustou foi ir nos coches de choque. Foi unha experiencia que temos que repetir.
Ata a próxima.


5 comentarios:

  1. É que os coches de choque molan moito. Eu porque xa non me dou metido nun (por aquí só vin nas atraccións para máis pequenos), pero boas ganas teño de lembrar o ben que o pasaba neles.

    Descansa o que podas polo día

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Un ronsel de ledicias as que vos proporcionan eses dous gromiños. Dá gusto velos (eu tamén vos vexo a vos disfrutando. Seguide!)

    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Como di Chousa, dá xenio velos tan felices. Que sigan así.

    ResponderEliminar
  4. Ai, os autos de choque, que lembranzas me traen!! que ben o pasaba!!

    ResponderEliminar
  5. a min tamén me entrou de súpeto unha añoranza grande polos autos de choque. non podía ir tanto como quería, pq resultaban caros para o meu peto. Por iso o tempo que duraba era gozado a cada segundo, inda que saise algo magullada por veces!.
    Iso de ver aos nenos pasalo ben, é un pouco como volver tamén vós a infancia.!

    (e sí que leo os comentarios que me deixas na Formiga Atómica!) ;-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?