A chica maior posa para as fotos. Segue espabilando a alta velocidade e ata xoga a ser a mamá do seu irmán. Case domina as súas necesidades pero na noite ten que usar cueiro. Vai empezando a comer variado pero no momento que quere ela. Iso si, a tetiña da nai está aí anque Xela ande oscilando entre ser maior e non tomar tetiña ou seguir sendo unha bebiña.
E así resumo este mes desta nena inquieta e cariñosa pero coas súas rabechas no momento de saír da casa que non quere vestirse ou calzarse.
¡Ten unha mirada moi pillina!
ResponderEliminarXa vai cumprindo contar por anos. É unha mociña. ;)
ResponderEliminarAs rabechas son sinal de carácter e éste é necesario na vida, así que é bo sinal.
ResponderEliminarSegue fermosa!!
Unha aperta
O teu blogue faime ser consciente da voráxime do tempo... Vai dous días que estaba léndote sobre o embarazo do Leo... e... Vértigo xD
ResponderEliminarQue ben se cría...!
ResponderEliminar