Páxinas

sábado, 26 de abril de 2014

Trixésimo cuarto mes ( e máis dous días )


A chica maior posa para as fotos. Segue espabilando a alta velocidade e ata xoga a ser a mamá do seu irmán. Case domina as súas necesidades pero na noite ten que usar cueiro. Vai empezando a comer variado pero no momento que quere ela. Iso si, a tetiña da nai está aí anque Xela ande oscilando entre ser maior e non tomar tetiña ou seguir sendo unha bebiña.
E así resumo este mes desta nena inquieta e cariñosa pero coas súas rabechas no momento de saír da casa que non quere vestirse ou calzarse.

5 comentarios:

  1. Xa vai cumprindo contar por anos. É unha mociña. ;)

    ResponderEliminar
  2. As rabechas son sinal de carácter e éste é necesario na vida, así que é bo sinal.
    Segue fermosa!!

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. O teu blogue faime ser consciente da voráxime do tempo... Vai dous días que estaba léndote sobre o embarazo do Leo... e... Vértigo xD

    ResponderEliminar

És humano ti ?