Páxinas

venres, 4 de abril de 2014

Zurdos famosos


O Leo tivo hoxe un arrebato de tristura por ser zurdo. El quere ser como a maioría e cre que ser zurdo é mala sorte. Eu díxenlle que ser zurdo é como ter ollos verdes ou azuis e que ser máis cantidade non é bo necesariamente porque hai máis pobres ca ricos. Para consolalo busquei en Google zurdos famosos e sorprendinme eu tamén. A Leo o que lle chamou a atención foi Charles Chaplin e entón puxémonos a mirar varios vídeos ata que o neno foi a cama canso pero contento.
A ver se somos capaces de resolver todos os problemas dos fillos de maneira tan doada.
A imaxe tireina de Taringa .

6 comentarios:

  1. Eu tamén fun zurdo. Zurdo na miña época era case ser ateo. Traballei, obligado, a man direita.Agora son direito, mais nalgúnhas cousas fago uso mellor da esquerda. Sen chegar a ser ambidestro, teño vantaxe sobre algúns colegas. Dile que ser zurdo e tan bo como direito, e sé se traballan as mans, podese sacar rendemento das mesmas. Non sei se me espliquei ben, pero ser zurdo está moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Dous de tres fillos meus saíron zurdos. Penso que isto
    é herdado.
    Está ben explicarlle ao neno que non por seres moitos iso teña que semellar ser bo. E coma di, Xabres, se cadra aínda teñen ventaxas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Nunca comprendín na nenez (e xa choveu o seu) que intentasen corrixir a tendencia dos nenos zurdos (ou manichos) a escribir coa esquerda. Claro que falo de hai 50 anos, cando a esquerda era sinónimo de pecado ou case. Resúltame curioso que Leo se sinta mal por ser manicho. Dille o que queiras, pero faille entender que iso non é malo, que depende do noso funcionamento cerebral. En fin, dille o que vexas, que para iso es pai.

    ResponderEliminar
  4. Mira tí que cousas lles preocupan aos cativos...! Quedame a nenez tan lonxe que me esquece o mundo complicado e as veces moi padecido da infancia. Os problemas son ás veces grandes de máis!

    Pero aí estiveches moi atinado na resolución. Parabéns.

    ResponderEliminar
  5. Está máis que probado que ser maioría non é garantía de ter a razón, de ser máis listo nin máis atinado.
    Moi bos os teus argumentos. Agora só falta que os fabricantes de obxectos cotiáns tamén entendan que ser zurdo é normal, que hai moitos máis do que se pensa e que precisan obxectos adaptados para eles.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Quen fora zurdo! Dille que dí un rapaz d'acedre ;)

    ResponderEliminar

És humano ti ?