Páxinas

martes, 7 de outubro de 2014

Detalle que non paso


Ultimamente inzan por Vilaguindastre adiante placas explicativas dos monumentos que ten a vila.
Non me gusta pero paso que estean escritas en español: hai que pensar no turista do camiño portugués a Santiago e o español non deixa de ser a outra lingua oficial de Galicia.
Fastídiame máis que non escriban O Porriño que é o nome legal de Vilaguindastre, pero que se vai facer...
Pero o que si me repatea e non paso é que escriban os anos con punto. Non haberá ninguén que non saiba que a expresión numérica dos anos, a numeración de páxinas, os códigos postais; non levan punto anque pasen de mil ?.

3 comentarios:

  1. Passei amigo. Não sabia que sua cidade ficava no caminho de Santiago, onde já fui por duas vezes.
    Um abraço.

    ResponderEliminar
  2. Cidade, cidade; fica grande.
    Mais ben vila.

    ResponderEliminar
  3. Pois creo que hai moita xente que non o sabe.
    Eu non me enterei tampouco ata que me estaba preparando para as oposicións.

    pero unha cousa é a ignorancia de cada un cando viste de paisano e outra, moi distinta, son as placas feitas por organismos oficiais

    ResponderEliminar

És humano ti ?