Páxinas

mércores, 8 de outubro de 2014

O señor Antonio


O señor Antonio era serio, pero que mui serio. O señor Antonio dábanos medo aos nenos, medo de verdade. Unha ocasión fomos ao cine Palacios que xa desapareceu ( como o señor Antonio e os cans que tivo un tras outro ). O señor Antonio estaba de acomodador e mirounos na ringleira para mercar entrada. Chamounos e deixounos entrar sen pagar peseta. Collemos o costume e os domingos puñámonos na ringleira pero cun ollo posto no señor Antonio. Pasaron películas e fins de semanas e muitas veces nos deixaba entrar pero, non sei como, pillárono e xa non foi acomodador.
O señor Antonio era veciño e paseaba os seus cans todos con nome señorial: Conde, Duque, Barón, etc. Eu non sabía se quería á aristocracia ou se burlaba dela. Unha vez un can del mexoume no pé e non me enfadei. O señor Antonio foi bo comigo e cos rapaces e cos cans e hai que perdoar.
Non sei como lembrei estes días ao señor Antonio pero unha cousa é certa: xente amante dos cans e dos nenos como o señor Antonio fai falla agora e sempre.
A foto é dunha película de Vittorio de Sica.

3 comentarios:

  1. Quem ama as crianças também ama os animais.
    E tem razão amigo o que o mundo precisa é de homens assim.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. Fixéchesme lembrar ao David da Botica, que nos ensinou a moitos rapaces de Antas a xogar ás damas cun tableiro feito por el e por fichas empregabamos chapas de Fanta, Mirinda e Pepsicola. Unhas do dereito e outras do revés

    ResponderEliminar
  3. Si, foron días de pensar no amor aos cans.

    é pobre a vida dun nenon que non ten un señor antonio.

    ResponderEliminar

És humano ti ?