Páxinas

domingo, 22 de febreiro de 2015

Falando de barcos


O outro día un zamorano preguntoume se lle falaba a Xela en galego. Ante a miña resposta afirmativa respondeume cun:  " Claro, no le vas a hablar en italiano".
E niso estou, luitando contra corrente e con pouco éxito pero é a miña teima e sigo nela.
E así amplío ligazóns galegas e atopo páxinas para min interesantes grazas a buscar o significado da frase: " Tal para cal, maragota e media ".
E como non todo vai ser galego preguntoume Leo sobre a orixe do nome do noso planeta e eu non sabía a resposta. Preguntei ao señor Google e topei unha resposta que me convence.
E, como estou falando de barcos, poño unha foto do Alfageme que foi pousar nunha rotonda de Coia en Vigo.

3 comentarios:

  1. Moi interesante a páxina de fraseoloxía.

    ResponderEliminar
  2. A xente de fóra, coma o teu amigo zamorano, sorpréndenos coa súa falta de prexuízos lingüísticos, porque non foron educados contra o galego. Para eles, é a nosa lingua, sen máis.
    Os barcos son para o mar, non para as rotondas.
    Bo post! Saúdos :)

    ResponderEliminar
  3. Pois séguelles a falar galego, que neles está o futuro... pois se as novas xeracións non o falan a ver que vai ser da lingua nai!
    Moito ánimo ...

    ResponderEliminar

És humano ti ?