Páxinas

sábado, 28 de febreiro de 2015

Fin de febreiro



O outro día comendo lembrei o que se di por aquí cando come alguén un prato grande: " Se comes así mañá hoxe non morres ".
E hoxe espertoume a música da festa de san Rosendo e só durmín tres horas despois de traballar a noite que, xunto coa chuvia, me deron fame e comín pizza coma se fose aire.
E remata febreiro e sigo coa dúbida de que será a construción da foto. Non sei se será un canastro, unha cabana para xogaren os rapaces ou  un pombal.
Aí quedan a dúbida e febreiro.



4 comentarios:

  1. Hai outra posibilidade: que sexa o último diseño arquitectónico de Santiago Calatrava.

    ResponderEliminar
  2. Comendo así mañá (ou incluso algo menos), hoxe non morres, non...

    Apertas xa desde marzo

    ResponderEliminar
  3. Que belo cozido amigo.
    Curioso esse ditado. Não conhecia.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  4. o prato é contundente, e mesmo que o comas todos los días que restan da túa vida, hoxe non morres. que dito tan bo.

    en canto ao pseudocanastro non che podo axudar

    ResponderEliminar

És humano ti ?