Páxinas

luns, 9 de febreiro de 2015

Terra de debuxos, terra real


O sábado tocou visitar a terra dos debuxos animados coas personaxes de Bob Esponxa pisando un areal totalmente humanizado con todas as comodidades posibles.
O domingo xa mudou o conto que fomos na busca dun monte no medio do bosque de Portafás e foi pasar calor, mollar pés, rabuñar mans con toxos ( hoxe teño unha man inchada ) e perdernos por diferenzas de coordenadas.
En fin, a vida é unha aventura.
A foto de abaixo é no sitio máis bucólico de Portafás.


2 comentarios:

  1. Nesta vida hai que facer algo de todo. A foto é ben bonita.

    ResponderEliminar
  2. O domingo fixo sol tamén na Coruña, pero tanto coma para pasar calor... :/ viña unha brisa do mar que che termaba do abrigo!

    Gústame moito ver todas as actividades que fas cos nenos, vós quedades pouco na casa.

    ResponderEliminar

És humano ti ?