Páxinas

venres, 20 de marzo de 2015

Eclipses



Esta mañá o sol lucía deste xeito detrás dunha nube a iso das nove e media. Sería este un eclipse nubeiro porque despois non puiden mirar para el que non tiña protección para a vista. Iso si, notouse una luz apagada no ambiente, silencio e un frescor esaxerado. Logo o sol recuperou a forza e puidemos gozar dun triple cumpreanos con comida no exterior.
O tío Nesi mirou o eclipse montando lentes dunhas gafas de sol para ciclista e así fixen esta foto de como miraría el o sol cando foi o eclipse, sen o eclipse, claro; que foi muitas horas máis tarde.
E hoxe habería outro eclipse que sería o do ordenador que fixo " puff " e apagouse por completo.
Só espero que teña solución.





5 comentarios:

  1. Por aqui na minha zona, o céu estava tão nublado que o sol eclipsou-se até meio da tarde. Mas houve cidades onde foi visível.
    Um abraço e bom domingo

    ResponderEliminar
  2. O eclipse non se debeu notar moito. Eu nin me decatei.

    ResponderEliminar
  3. O ordenador morreu.
    Non sei cando terei outro.

    ResponderEliminar
  4. Caghiná o do ordenador. Vaia mal rollo!

    ResponderEliminar
  5. ah,´o día do exlipse! ía ir con xente que coñezo, moi fan desas cousas, para contemplalo nun lugar despexado. Pero á mañá vin que estaba con nubes e volvín para a cama.
    A miña enerxía física non sempre acompaña a miña curiosidade.

    Sinto o do ordenador, pero como sigues posteando, supoño que verei pronto que cho arranxaron ou mercaches outro!

    ResponderEliminar

És humano ti ?