A andaina de hoxe levounos á Boa Vila onde o loro Ravachol e a igrexa da Peregrina son os símbolos da cidade e así saen retratados xuntos na foto.
Quedamos onda a estatua de Valle Inclán cos amigos e ata ela leváronnos unha muller e o pai dando un paseo turístico polo centro. Xantamos nunha
creperie, tomamos un café mentres os nenos agabeaban polas letras VILA e logo fomos á feira do libro. Había contacontos e, aparte, mercamos libros para os nenos e para min que non puiden evitar mercar o quinto tomo de
O Bichero e máis o libro de
Galicia encantada onde sae
un texto meu na páxina 47.
Que se lle vai facer se nos encantan os libros ?!.
Hai tempo que non vou por ela. A ver se temos ocasión. ;)
ResponderEliminarTamén é unha das miñas cidades galegas menos coñecida.
ResponderEliminar(Bo investimento a compra de libros)
Apertas de Antas
grazas ao teu post pasei un bo anaco lendo as aventuras e desventuras do famoso loro pontevedrés, que debía ser eu a única no mundo que non escoitara del e, a través del, ao famoso anarquista Ravachol.
ResponderEliminar