Páxinas

mércores, 20 de maio de 2015

Case adulta


A semana pasada díxonos Xela que xa era maior e que ía durmir soa toda a noite coma Leo e que non ía mexar. Cumpriuno o día que o dixo e tres días máis botou sen vir para a cama grande anque si mexou no cueiro. Despois outra noite viu para a cama grande e non mexou e agora volveu vir no medio da noite para a nosa cama. Pero vai aprendendo.
Abraiuonos que dixese iso con tal seguridade e que case o cumprise.
Vai a nena medrando.

1 comentario:

  1. Mira tí, ela mesma se dá conta de que a autonomía supón dar pasos na vida que requiren valentía.

    Non me estraña que vos abraiase!

    ResponderEliminar

És humano ti ?