Páxinas

mércores, 13 de maio de 2015

Os cheiros das eleccións



Nas eleccións hai tres cheiros predominantes. O máis extendido e forte é o cheiro a piche: aquí e acolá andan a parchear ou a empichar pistas e corredoiras ...e muitas veces sen pedilo os vecinos !.
Outro cheiro é o do gasoil das cortacéspedes que anda a cen o persoal reflectante encarregado de xardíns. E outro cheiro que se prodiga anque menos é o da pintura e así apareceron as gaiolas dos paxariños do parque da feira co eses coloríns tan rechamantes e molóns. O que non sei é o que pasou cos paxaros das gaiolas; non sei se morrerían co cheiro ou están noutro lugar mentres non seca a pintura.
E aínda queda outro cheiro que é o da paparotada que non sei por onde cairá e cando pero seguro que hai.

3 comentarios:

  1. Em tempo de eleições, por aqui também é assim.
    Um abraço e fique bem

    ResponderEliminar
  2. O que máis rabia dá é que teñamos asumido que é así, por aquí adicámonos a chamar cada dous días con cousas que hai anos que hai que facer.
    Agora que está todo tan cortadiño todo e ata con máquinas desas de exercicios teremos que agardar outros catro anos para volver usalas, cando volvan cortar os toxos.
    Eu pido eleccións cada dous meses!

    ResponderEliminar
  3. Aquí tamén cheira, pero o peor é a contaminación acústica dos altofalantes. Estou desexando que remate a maldita campaña! Total, para o que serve...

    ResponderEliminar

És humano ti ?