Páxinas

martes, 26 de maio de 2015

Rescatando fotos

 
 
Hoxe rematan as miñas vacacións e tiven a arroutada de ir onte ata Vivenzo para retratar a evolución dos cabaceiros neste recuncho de Melón. Era media mañá e había máis cans ca xente que só mirei a dous anciáns e sentín falar a dúas persoas máis. Os cabaceiros están prácticamente abandoados e só a da dereita tiña millo.
E falando de cabaceiros non podo evitar pór aquí unha refoto dun mural dun local de Tui onde sae retratado por Ksado o conxunto de hórreos de Betanzos do que só se conservan cinco deles, seica.
 
 
 
E aquí queda arquivado.


3 comentarios:

  1. Vin os de Quins esta semana santa. Mágoa non coñecer estes. E mágoa que os deixemos esmorecer.

    ResponderEliminar
  2. Pois precisamente de Quins sae una estrada para Negrelle e Vivenzo ( a uns seis quilómetros ). Tamén antes de Quins está a Eira do Casal con tantos hórreos que non saen todos nunha foto.
    Para outra ocasión xa sabes.

    ResponderEliminar
  3. Mira que quería ir eu a esa aldea, xa pasou tanto tempo, e non fun. Consólame pensar que non podo ver todas as marabillas do mundo, mais entristéceme que desaparezan as testemuñas dun xeito de vivir durante séculos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?