Páxinas

luns, 22 de xuño de 2015

90



Noventa poden ser muitas cousas como grados, quilómetros, empregados, clientes, etc, etc. Pero cando se fala da idade dunha persoa entón xa é un asunto de máxima importancia.
Así a bisavoa Celia chegou onte a esa idade, unha vida con bos e non tan bos momentos.
Noraboa para ela e a súa filla a avoaM que fixo os 68 anos. Unha casualidade das grandes que fagan anos o mesmo día a nai e a filla. Non me extraña que quixeran que Xela nacese na mesma data...e case o consegue que foi cunha diferenza de tres días !.

4 comentarios:

  1. Qué sorte tedes! Isto quere dicir que sodes xente de boa calidá*!!!

    ResponderEliminar
  2. É uma bonita idade. Parabéns à senhora sua bisavó.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  3. Miña nai tamén fixo noventa en novembro pasado. Que pasada!

    ResponderEliminar
  4. Na miña familia morren todos máis novos. É extraordinario vivir unha vida longa. E máis aínda será se é plena e consciente, inda que como ben dis, tamén haxa etapas nela que non sexan boas...

    ResponderEliminar

És humano ti ?