Páxinas

sábado, 25 de xullo de 2015

Cuadraxésimo noveno mes ( e mais un día )


A xoubiña vai ter que mudar de nome e chamarse a chinchiña que só fai comer chinchos. A Xela é a raíña dos chinchos e do colo que quere estar no colo sen lle importar de quen. Gústalle a praia e xogar coa area e a auga. Non anda pero se lle botas unha carreira na area apúntase. No comer aparte dos chinchos segue enganchada ao sanduiche de Nocilla, aos batidos e ao xelado de Haribo. Na forma de ser segue sendo teimuda e ata fai un quebracabezas dun dinosaurio que non sei facer eu. Non lle gusta perder a nada e non lle gusta que a chinchen pero ela é a primeira en chinchar e pegar que ten a man levantada.
Pero tamén ten momentos mecosos e cariñosos que che fan perdoala nesta guerra de tratos e cesións entre pais e fillos.

5 comentarios:

  1. Está feita unha preciosa mociña.

    ResponderEliminar
  2. O verán é un paraíso para todos, pero para os nenos aínda máis!!!!

    ResponderEliminar
  3. Verão, calor e praia são a alegria de todas as crianças.
    Um abraço e uma óptima semana

    ResponderEliminar
  4. Se lle gustan os chinchos é normal que tamén lle guste chinchar...jajajaja
    Por certo, tamén lle podedes chamar xureliña.

    Apertas de verán

    ResponderEliminar
  5. E non lle vas perdoar con esa cariña... ademáis que está afirmando a súa personalidade, vese que non é persoa de baixala cabeza, se non con iniciativa e muller de acción!

    ResponderEliminar

És humano ti ?