Camiñando sempre se atopan curiosidades e misterios. O mes pasado topei esta pintada nunha marquesina de autobús. Xa estaba case borrada pero aínda se intúe a mensaxe que vou tratar trascribir:
" ( H )ai moita ladra a roubar luesas ?? y destruir matrimonios y queferas ? ".
Aí queda esa mensaxe en castrapio e cun par de palabras que non se entenden pero que dá para unha historia de celos ou de terror.
Se alguén me axuda a descifrar as palabras quedaría todo máis claro.
pois inda botei un bo anaco intentando descifrar esas dúas palabras, pero non fun quen.
ResponderEliminarhistorias cotiás en lugares comúns.