Páxinas

mércores, 7 de outubro de 2015

Caíron da burra


Caíron da burra e mudaron o cartaz e agora xa o miramos en perfecto español, como ten que ser en Vigo. O motivo do cambio si que non cho sei. Teño tres teorías, a cada unha máis retorcida ca outra. A primeira é que os cataláns non aceptaron claramente a independencia e deciden facer a retirada das colonias coma Galicia. A segunda é que pasou Anne Igartiburu por diante do cartaz e dixo que ela fala cinco idiomas pero non catalán así que ordeou o cambio ipso facto. E a terceira teoría que teño é que os directivos do Lidl len o meu blogo todos os días e decatáronse do erro.

4 comentarios:

  1. Eu inclínome pola última. Sen dúbida.

    ResponderEliminar
  2. Non sei. Ao millor pasou algunha dirixente de Galicia Bilingüe por alí cerca e non quere máis problemas con tres idiomas que dous chéganlle.

    ResponderEliminar
  3. deixolle un saúdiño... espero que eses pequenos estean a crecer diviñamente
    bicos.

    ResponderEliminar
  4. Eu fico-me pelo terceiro.
    Falando sério, o que importa é que o mudaram.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar

És humano ti ?