Páxinas

xoves, 22 de outubro de 2015

Cotovelos para comer

 
 
Unha das razón polas que me gusta mercar no Eroski é polo etiquetado dos seus produtos cos nomes nos catro idiomas oficiais de España. Pero desta vez teño que discrepar co nome deste produto da foto en galego. Eu, e polo menos a xente de por aquí do sur de Pontevedra, sempre lle chamamos cotovelos a esta forma da pasta pola súa semellanza a un dedo dobrado e non tiburóns como solucionan eles calcando o español. En cambio manteñen os galets cataláns que seguro que son máis coñecidos.
Iso si, eu antes escribía cotovelos con " B". Corrixo estes posteos e a partir de agora vou escribilo con " V " que en portugués é así.

3 comentarios:

  1. E é mesmo Pedro. Cotovelos, muito embora no norte do país, o povo que troca com facilidade o v pelo b, lhe chame cotobelos. Do mesmo modo que escrevendo vento, dizem bento e outras palavras semelhantes.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. A miña nai tamén lles chamaba así. Fixéchesmo lembrar.

    ResponderEliminar
  3. ah pois eu é a primeira vez que o vexo.
    na miña aldea, vese que o castelán xa fixo das súas, porque lle chaman "macarróns" (macarróns todos os gordos e "fideos" todos os estreitos) :)_

    ResponderEliminar

És humano ti ?