Estou lendo " Outra idea de Galicia " de Miguel Anxo Murado e nas primeiras páxinas aparece unha personaxe real que me encheu o ollo. Era Domingo Fontán, un matemático galego que percorreu TOOOODA Galicia a pé e dacabalo durante dezasete anos para levantar
un mapa tan preciso en 1834 que tardaron muitísimos anos en milloralo.
Unha personaxe así tivo secuelas na man
dun brasileiro que intentou emular a proeza esa hai poucos anos.
Non me extraña que Domingo Fontán dea para escribir
unha novela de premio !.
Na foto está o alto de San Colmado con boas vistas de Vilaguindastre, como reflexa Domingo Fontán no
seu mapa onde está a letra N da provincia Pontevedra.
Me parece que tes o orixinal mapa de Fontán no Pazo de Mariñán. E se tes curiosidade e un día che cadra pasar pola Coruña, podes mirar unha reproducción facsimilar no Arquivo da Deputación, na rúa de Archer Milton Huntington
ResponderEliminar