leoeosseus

Thursday, 31 December 2015

Últimas horas


Non, non houbo día de sol pero no 28 de decembro pode pasar de todo, nonsí ?.
A tarde do 29 fomos ao musical " El rey de la sabana: el león ".


Onte tiramos cara Portugal a Santa María da Feira a Perlim. Antes de que abrise as portas demos unha volta pola vila que estaba mui ben.
Na quinta do castelo o decorado estaba mui ben co castelo coma se fose a casa do Pai Natal e puidemos mirar renos de verdade e coellos e galiñas brancas de Laponia.


Había actuacións, unha pista de xeo, tirolina, discoteca e máis cousas. Pero a ledicia durou pouco, empezou a chover coma se nunca chovera e tocou fuxir do dioivo. Paramos no centro comercial de Matosinhos para secarnos e merendar e logo volver para casa.
Mágoa de que fixese tan mal tempo.
E hoxe toca tocar as uvas coas badaladas.
Que teñas unha boa entrada de ano !.

Labels: ,

Monday, 28 December 2015

Vai rematando o ano


 
Nestes días hai que buscar actividades para os nenos e unha pode ser a obra " A miña primeira viaxe ".


Tamén puidemos mirar aos Bolechas en carne e óso e medrados coa obra Os Bolechas na máquina do tempo.

 
Cambiando de variedade artística a actuación do mago Jorge Blass deixa abraiados a nenos e maiores e cantos nenos deixarían a entrada debaixo da almofada esa noite para descubrila transformada nun billete de cinco euros.

 
O Leo recibiu agasallos de Papa Noel que non estaba mui contento coas piores notas de Leo pero o reloxio intelixente ben que lle chistou. Tamén tivo libros, xogo arqueolóxico e libro-zapato. Pero o que lle fixo ilusión foron os Lacasitos brancos.
 

 
Xela non tivo muitos problemas; gústalle de todo e houbo variado con peluches, puzles, monecos e xogo de maquillaxe.

Agora toca seguir gozando destes días de ola de calor con praia, sol e altas temperaturas por Vilaguindastre.
A ver se comemos as uvas na praia.



Labels: , ,

Wednesday, 23 December 2015

Boa Noiteboa


Que teñas unha boa Noiteboa !.

Labels:

Sunday, 20 December 2015

Boas datas

 
Vilaguindastre engalánase para o Nadal.
 


Como tamén o fai Vigo.


Os beléns inzan coma este feito por un compañeiro do traballo.

 
 
Falando do traballo a empresa mantén o costume de dar unha caixa de aguinaldo nadaleiro e invitou ao xantar no mesmo lugar dende hai catro anos. E que dure.


Como non vai ser todo votar hoxe, tocou asistir á exhibición de patinaxe de Xela e demais nenas.

Son días de vivir coma aboiando no aire...xa non tocará tocar terra...e que a aterraxe sexa boa !.

Labels: , ,

Thursday, 17 December 2015

Voto por Papa Noel



Quero saúde e alegría, traballo digno, respecto para todos, que non haxa abusos e que a curva dun sorriso endereite todo.
Por iso prefiro votar a Papa Noel, o barbudo da Laponia e non polo barbudo do lapote.

Labels:

Sunday, 13 December 2015

Escaina, días e chourizas


O outro día oín no choio a expresión: " limpo coma unha escaina " e, como non coñecía o significado desa escaina tiven que buscalo pola interrede. No Dicionario de dicionarios di que é " fariña que se compra nos comercios " e non me pegaba. Topei no Dicionario de dicionarios de xirias as definicións de " muiño " e " mentira " que tampouco me chistaban. Seguín e fun topando a frase en Da roda para a piola como frase adxectiva usada en Ponteareas e tamén no blogo Da cerna onde recollen palabras e expresións; pero non dous sitios non me aclararon o significado. Preguntei en Arbo pero non sabían e tiven que topalo na páxina Lingua de Beade onde di " escaina: recipiente onde se colocan as hostias " e que debe de ser o que buscaba eu.
Iso si, oín tamén a frase " hai máis días ca chourizas " para referirse a que hai ocasións para vingarse pero non a atopei en ningunha parte.
Na foto sai a mostra dun que deixou a súa casa " limpa coma unha escaina ". Pero que estea tranquilo que hai máis días ca chourizas.

Labels:

Saturday, 12 December 2015

Imaxes de decembro

 
 
Son días fríos e de néboa cunha luz pálida que non quenta o verde que rodea Valença nin o azul que a cobre.
 

 
 
Para imaxes con cor hai que deixarse embriagar polos centros comerciais que botan por fóra nestes días de decembro.
Xela estivo con febre varios días e houbo que levala ao Cunqueiro por primeira vez e o servizo foi excelente. Foi irmos alí e case saiu curada e comeu ben no centro comercial. Agora está ben a xoubiña.
 

 
 
A Leo estas datas póñeno frenético e nervoso. En vez de carta para Papa Noel parece que lle manda un ultimátum. Xa cando cortou o pelo díxolle ao barbeiro que Papa Noel non existe e millor para Leo que isto sexa verdade que como lea esta carta ao barrigolas do polo Norte non lle vai gustar o tono.
 

 
 
Tamén é tempo de calendarios e hainos con fotos ben xeitosas e con fins benéficos como o que vende a asociación Asperga coa colaboración desinteresada do fotógrafo Edu Pereira e os actores galegos que pousaron para el.
 


 
 
Na casa temos unha imaxe cambiada do Belén con estes engadidos Kinderianos e televisivos.
 


E Vilaguindastre adorna a vila con prantas de Nadal, bólas de polispán, luces, renos vexetais e un trenó que serve de mesa de merenda para os nenos.
E de despedida aquí retrato o canteiro Vilaguindastreán que mañá celebrará a súa patroa santa Lucía.

Labels: , , ,

Sunday, 6 December 2015

Liado


Levo unha semana liado e, a verdade, sen inspiración e haberá que agardar a outros días mais produtivos. Cuidar dos nenos pola tarde cos seus deberes e actividades, traballar de noite, durmir pouco de mañá e preparar os calendarios non deixa tempo para o blogo.
Iso si, aprendín estes días a palabra " As Antoniñas " que son visións de ánimas ou espíritos.
Ata a próxima.

Labels: