Páxinas

luns, 25 de xaneiro de 2016

Xaneiro xiadeiro ?

 
 
Onte facía un día primaveral que invitaba a pasear así que xantamos en Meira e fomos de paseo ata Moaña polo paseo marítimo cuns amigos.


Por suposto que hai algúns monumentos adornando tan longo percorrido como o adicado aos faros que salvan vidas, aos carpinteiros de ribeira, ás redeiras, aos emigrantes e tamén un colosal deus Neptuno duns catro metros de altor polo menos que non sei a quen estará adicado en concreto.


Pero o monumento que me gustou de verdade é este adicado aos animais que son abandonados. Ese canciño de pedra ata semella chorar e todo. Non merecen ese trato.

4 comentarios:

  1. Bonita a miña terra! a estatua "representa a un marinero dedicado a un arte de pesca conocido como fisga (el tridente) y que era típico de Moaña. Pero lo cierto es que también remite a una figura mitológica como la de Neptuno" http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2009/12/23/o-fisgon-preside-moana/397595.html

    ResponderEliminar
  2. O canciño e o micho son moi feitos. Eu.vivín un tempiño en Moaña e penso q é a vila galega con máis bancos (de sentar) q coñezo.

    ResponderEliminar
  3. Queda ben sentado (o dos bancos)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esta conexión... Mecaghiná... Dicíame q non gravara o comentario. Desculpiñas.

      Eliminar

És humano ti ?