Páxinas

martes, 16 de febreiro de 2016

Diferentes espectáculos


O domingo, cando fomos recoller a Leo de pasar a noite fóra da casa, aproveitamos para gozar de dous espectáculos ben diferentes.
Un foi a pezza de teatro-danza " Xoga " da compañía Entremáns que, con música, danza e unha coreografía distinta falan do corpo humano e as súas partes.
Logo xantamos no centro comercial e, dende a terraza, admiramos o río Miño crecido.

 
Como nos quedaba de camiño fomos ao salto de Velle que estaba aberto para soltar unhas augas embravecidas que formaban olas e golpeaban contra os muros dunha maneira que semellaba un mar entolecido. A xente estaba alí admirando o espectáculo e ata algún arriscou o pelexo del e do fillo, como o da foto, que xa a parella se encargou de recriminarlle a acción que logo pasa o que pasa.
Hoxe xa todo volveu ao seu cauce.




2 comentarios:

  1. Seguro que o Leo aprendeu moito nese campamento. Pola páxina semella interesante.

    Ata outra, Paideleo.
    Que todo siga nesta normalidade que vos ampara, interrompida por paseos, espectáculos e todo tipo de cousas que organizades con ilusión.

    Grazas por compartir!

    ResponderEliminar
  2. ¿Soa o meu comentario a despedida? :)

    E que, como ultimamente tardo incluso semanas en pasarme a ler o teu blogue, en certa maneira sí é unha despedida pero de "hasta la vista"!
    see you soom!

    ResponderEliminar

És humano ti ?