Páxinas
▼
venres, 19 de febreiro de 2016
Pupieiriñas everywhere
Estes días andei pola interrede dabondo para actualizar ligazóns e navegar polo pracer de navegar. E, cal foi a miña sorpresa cando topei un blogo onde falaban das Pupieiriñas; aquelas que creei para darlle xusto mérito ás mulleres que son as principais argallantes en asuntos do Nadal. ( Nós somos homes e elas deusas como ben aclaran nunha cafetaría de Marín ).
Ao que ía, eu non podía crer que as miñas Pupieriñas cobrasen vida e preguntei ao señor Google que todo o sabe... e si que cobraron vida !. Tanta vida cobraron que anda unha meiga viguesa dicindo que son protectoras dos nenos e tiroulles toda a relación co Nadal para metelas na mitoloxía celta !.
Outras rapazas puxeron o nome das Pupieriñas ao seu grupo girlscout.
Pero onde acadaron éxito foi polas terras de Vincios, Gondomar; onde saen nun conto titulado " Xulia e as pupieiriñas " e ata saen nunha obra de teatro do colexio " Apalpador e Pupieiriñas ANPA ".
Ten razón Eduardo Prieto Casares cando di que elas xa non precisan de min que hai que velas ceibes, nas bocas das xentes.
Não sei se entendi bem. Inventou umas personagens, Pupieiriñas, e essas personagens se tornaram famosas? E o criador não sabia?
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana
Foi así, si.
ResponderEliminarOstras! Pero creaches unhas criaturas de lenda! E foron de boca en boca, (ou se cadra de blogue en blogue) ata facérense reais!
ResponderEliminarNoraboa!