Páxinas

venres, 1 de abril de 2016

Neste un de abril


" O un de abril van os burros onde non deben ir " e así o Leo quixo mandar a compañeiriños ao parque da foto ás cinco da tarde pero non caíron na trampa.
Quen si caíra foi meu pai hai máis de corenta anos que o mandamos a casa dun veciño con dous baldes cheos de auga dicíndolle que Luis quedara sen auga na casa. Meu pai foi algo mosca pero foi e a bronca que levamos despois meus irmáns mais eu foi monumental pero a día de hoxe aínda río cando lembro a historia.
Tamén hoxe voaban catro cegoñas por riba da fábrica ás dez da mañá. Aledáronme o día porque hai ben anos que non aniñan por aquí.
Unha curiosidade a resaltar que aprendín hoxe: este costume do primeiro de abril non se celebra no resto de España ( sacando Menorca que estivo dominada polos ingleses hai tempo ).

4 comentarios:

  1. Ao final polo menos un compañeiriño picou.
    É o que ten o primeiro de abril !.

    ResponderEliminar
  2. Tampouco se celebra no resto de Galiza! Cousa que me surpreendeu muitíssimo quando andava alá polas Compostelas e outros lugares.

    ResponderEliminar
  3. Em Portugal e segundo sei em muitas outras partes do mundo celebra-se no dia 1 de Abril o dia das mentiras.
    Por aqui sempre ela anda à solta por jornais e revistas e TV no dia 1º de Abril.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  4. Pois nunca escoitara tal cousa. Fun picar ao enlace que deixas e xa aprendin algo! (Sempre o digo, que no teu blog aprendo unha chea de cousas)

    ResponderEliminar

És humano ti ?