Estes días hai cans abondo por Vilaguindastre adiante porque estamos en pleno
festival de Cans, a decimoterceira edición xa. O que pasa é que o nome desa parroquia non ten nada que ver cos cans de mamíferos ladradores senón coas canles que levan auga aos muiños e que foron dar no nome de Cans.
E mentres está o festival de Cans Leo e Xela e os compañeiros do cole tiñan unha actuación con motivo do día das letras galegas. Leo e os seus compañeiros recitaron
" Galicia " de Manuel María e Xela tiña que cantar o
" Pirimpimpín " anque quedou na casa que tivo febre e tos.
E maio avanza.
E por aqui o festival é musical, pois estamos com o RocK in Rio.
ResponderEliminarUm abraço e uma boa semana