Páxinas

martes, 17 de maio de 2016

DLG 2016


Vai o vello morrendo e segue aprendendo e o outro día descubrín que a expresión " pedir papas " é galega. Eu usábaa de pequeno cando alguén tiña que responder a unha pregunta e non sabía a resposta. Eu ( e todos ) diciamos: " Pides papas ?  " para preguntar se se rendía e lle diciamos a resposta. Nós aínda usamos a expresión agora cando empeza un móbil a pitar que non ten batería e dicimos que está pedindo papas. Xa se sabe: tempos novos, novas respostas.

Tamén o outro día escuitou por primeira vez a avoaE a frase: " Un home é un home, un ghato é un micho e unha muller un carrapicho "; unha frase un chisco machista que se di cando unha muller non é quen de facer algo por falla de forza. Miña nai non sabía que era un carrapicho e pensaba que era algún animal feo. Tiven que explicarlle que era un chicho ou unha coleta do pelo. Miña nai é de Lugo e por alí non se estila esta frase, seica.

E mentres o galego vai así de capa caída o inglés prospera por todas partes e así nun albergue novo de Vilaguindastre aparece un cartaz cun " Touch the ring " que non sei como farán os angloparlantes para decatarse do que quere dicir.
Eu supoño que os do albergue queren dicir: " Toque o timbre " pero realmente pon " Toca o anel ".
En fin, a ignorancia é mui atrevida.

3 comentarios:

  1. Que engraçado. Por cá Carrapicho é uma planta que serve para fazer chá.
    Também por cá se diz essa frase mas mais curta.
    "Um homem é um homem um gato é um bicho"
    De resto por cá é a mesma coisa. No Algarve por exemplo, se vai a qualquer casa comercial e muitas vezes nos perguntam o que queremos em inglês.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. Un home é un home e un ghato é un bicho. Ata aí coñecía eu do dito, que tamén se di por estas terras do medio.

    O do cartaz en Inglish seguramente vai por captar potenciais clientes inglisparlantes, e seguramente esquecen falarnos aos que estamos aquí toda a roda do ano...

    Sexa como queira, aquí seguimos. Presentando batalla. E por moitos anos!

    ResponderEliminar
  3. o cartaz fíxoo o que acaban de contratar, que o xefe non sabe inglés, e o mozo ou moza falaba inglés de corrido ;-)

    o refrán ese, que non lle gusta á avoa, eu escoitoo na coruña, a min tampouco me gusta

    ResponderEliminar

És humano ti ?