Este maio que remata foi demasiado mollado e con poucas opcións de viaxar. Non queda outra que ollar outras viaxes como as do concurso de fotografía de viaxe de Vilaguindastre. Non sei o criterio para escoller a foto gañadora pero facer unha foto dos pés dun monxe budista non entra para min dentro das opcións gañadoras como si foi na realidade. Eu prefería muitas máis fotos e esta vale de exemplo. Aquí miro tres viaxes. A do fotógrafo que capta esta imaxe nunha cidade lusa, a do titiriteiro que vai daquí a acolá e a viaxe do neno abraiado coa actuación: a viaxe de coñecer a vida e as súas marabillas.
A ver que viaxes nos trae xuño !.
Por aqui também. Esperemos que Junho seja melhor.
ResponderEliminarAbraço
Eiii, esa foto está feita nunha das entradas do mercado do Bolhao en Porto!!!.
ResponderEliminarRecoñecín a nena do titiriteiro e despois busquei no meu arquivo (recentísimo. Deste abril) e dei con ela. O día que eu lle fixen a foto a esa parella levaban paxaros pousados na cabeza e estaban actuando nese mesmo punto.
No me preguntes o porqué; pero deume un chisco de pena a nena aquel día...
O mundo é un pano de man!!!
Pois si que é casualidade !.
ResponderEliminarA foto non será túa tamén ?.
Non, non. Eu pensaba que a fixeras ti. O día que eu os fotografiei a nena levaba outra roupa e katiuskas vermellas. Aínda que sí cubría o pelo cun pucho de similares características a ese...
ResponderEliminarO que che dicía: un pano de man.
Mira ti, as casualidades.
ResponderEliminarE o diferente xeito de ver: onde ti viches abraio na mirada da nena, Chousa tivo lástima.