Páxinas
▼
domingo, 12 de xuño de 2016
Aparecín
Aparecín, si. Levaba uns días sen ideas ou cando as mastigaba non me chistaban para escribir pero un tirón de orellas de Kasege e a pintada esta da foto animáronme a escribir. E, cando estaba animado; a rebelión das máquinas impidiu o feito. Empezou un móbil que non quixo traballar, a lavadora rompeu un anaco da goma que pecha a porta e verque auga, a neveira que lle saltou a alarma do frío, a cociña eléctrica que non prendía e Blogger que só me daba opción para escribir o título do posteo e máis nada. Pero todo se foi solucionando e aquí estou.
A semana pasada foi a primeira festa do pan do Porriño pero non fomos que había actuación de patinaxe de Xela e o primeiro é o primeiriño.
En canto a Leo está nervioso coa fin de curso e os exames pero vaino levando.
E en Vilaguindastre houbo a enésima protesta dos traballadores do matadoiro que están exprimidos ao máximo como muitos dos afortunados que temos un choíño nestes tempos de crise.
Ata logo !.
Moi de acordo co texto do poste. Por certo, a min tamén me pasou o mesmo co blogger, que só me deixaba pór o título...
ResponderEliminarXa a cousa anda mal e, por riba, se blogger non coopera...
ResponderEliminar