Páxinas

mércores, 22 de xuño de 2016

Nos ollos de Torneiros





 

 
 


Onte facía muita calor e entramos os nenos mais eu na casa da cultura do Porriño que hai aire acondicionado. Alí botei unha ollada á exposición de fotos " Nos ollos de Torneiros " feita polos alumnos do CPI da Ribeira. E alí mirei retratadas persoas e paisaxes que pasan por diante miña día si e día non que por algo vivo aquí dende o principio. Ata semella que muda o meu concepto deste bairro que naceu hai corenta anos nunha parroquia rural. Fixéronno en varias fases en zona de monte, prado e gándara e agora ten un instituto, dous colexios, un cuartel da Garda Civil, unha igrexa, a oficina do Inem, panadería, supermercado, etc, etc. É un bairro marxinal, obreiro e afectado por esta crise que non desaparece pero segue aí no día a día dos seus case catro mil habitantes.
A exposición está o resto do mes.

4 comentarios:

  1. E pela amostra é bem interessante.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. Bo día!Quería comentar que a exposición está elaborada polo alumnado do CPI da Ribeira e non polo Instituto Ribeira do Louro. Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. mola ver polos ollos doutros os detalles e os enfoques nos que non repararamos...

    ResponderEliminar

És humano ti ?