Páxinas

xoves, 1 de decembro de 2016

Ano Castelao


Para conmemorar o ano Castelao en Vilaguindastre os comerciantes imprimiron bulsas da compra, bulsas para o pan e servilletas de papel con debuxos de Castelao. É unha boa iniciativa pero no caso das servilletas as letras quedaron tan miudas que non se len. Por fortuna podo ampliar a foto e ler:"  - ¿ Por qué no habla castellano, señor Pedro ?.
- Ay, neniña. En galego nunca s´escribiron os recibos das contribucións ".
Un texto que ten a súa retranca como muitos dos de Castelao.
En canto a nós, aquí andamos coas actividades dos nenos, exames de Leo, amaño da lavadora e piñazo no coche.
E empezou o inverno que xa di o refrán: " En san Xoán empeza o inferno e en san Andrés o inverno ".

3 comentarios:

  1. Não conhecia esse ditado. Santo André é o Santo protetor da minha terra. E sim, por cá também começou o Inverno, pois as temperaturas caíram de repente.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. Vilaguindastre? Debería ser Vigo, pero non o é! Ferrol? Perdona o meu despiste!

    ResponderEliminar
  3. hehe a voz en off ten a mesma curiosidade que tivemos todos nun principio :)

    están ben esas campañas de espallamento cultural. Algo é algo.

    Sinto o do piñazo no coche. Menos mal se non pasou nada

    ResponderEliminar

És humano ti ?