Onte volveu ao choio un compañeiro que levaba case un ano de baixa laboral por unha operación dun tumor que daba mala espiña. Eu chamábao bastantes veces e preocupábame por el e aledeime de que todo acabara volvendo ao rego.
El recompensoume hoxe con tres caramelos.
Non teño que dicir que me souberon a gloria.
Um gesto gentil para agradecer a atenção do amigo.
ResponderEliminarUm abraço
oooh, que bonito. Pensei que xa ninguén agasallaba con caramelos. Parece que os rapaces nin os comen. eu sí. refréscanme a gorxa.
ResponderEliminar(O mellor do post e ler que alguén se recupera dunha doenza tan grave)