Páxinas

martes, 31 de xaneiro de 2017

Tres caramelos


Onte volveu ao choio un compañeiro que levaba case un ano de baixa laboral por unha operación dun tumor que daba mala espiña. Eu chamábao bastantes veces e preocupábame por el e aledeime de que todo acabara volvendo ao rego.
El recompensoume hoxe con tres caramelos.
Non teño que dicir que me souberon a gloria.

2 comentarios:

  1. Um gesto gentil para agradecer a atenção do amigo.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. oooh, que bonito. Pensei que xa ninguén agasallaba con caramelos. Parece que os rapaces nin os comen. eu sí. refréscanme a gorxa.
    (O mellor do post e ler que alguén se recupera dunha doenza tan grave)

    ResponderEliminar

És humano ti ?