Páxinas

venres, 10 de febreiro de 2017

O " Speed Limit "



Estudou comigo e naqueles tempos de xuventude era batería nun grupo de amigos chamado " Speed Limit ". Pasou o tempo e levounos por camiños distintos. Os del creo que foron complicados con perda de traballo e intrusións en malos hábitos. Agora sempre o miro co esas bolsas e un día pregunteille e díxome e mostroume o que traía nelas. Eran restos de panadería que compartía con veciños máis necesitados ca el e, simplemente, alucinoume.
Agora lembro o vídeo-experimento aquel no que lle dan 100 dólares a un vagabundo sen fogar para comprobar en que o gasta e deixa sorprendidos aos que gravaban.
Está en inglés pero é doado de entender o que acontece.

2 comentarios:

  1. Quase sempre são os que menos têm os mais solidários.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  2. OOOh non podo ver o video aquí... mais imaxino o que acontece. Mirarei de velo na casa se me acorda.

    ResponderEliminar

És humano ti ?