Páxinas

mércores, 1 de marzo de 2017

Sen tempo non era


Sen tempo non era. O sachiño que lle saiu hai un par de meses xa está facendo que se mova un dente de diante. Nuns días Xela terá o seu primeiro dentiño para o rato Pérez anque penso que sería millor que o botasemos ao lume, como facían antes, por iso de " Toma lumiño; para que o novo saia máis dereitiño ".

Tamén lembrei aquel artigo de Calros Solla onde falaba dos dentes e refráns.

A foto é dunha ( charanga ) comparsa de Moaña no domingo pasado. Había outra mui corida con traxes mexicanos e todas ían de Frida Kahlo.

4 comentarios:

  1. Todo no Porriño supoño? Potente entroido!!

    ResponderEliminar
  2. Mais ben comparsa, non charanga! https://www.facebook.com/sentempononera/

    ResponderEliminar
  3. Pois comparsa logo.
    Como ían tocando música pensei que era unha charanga.

    ResponderEliminar
  4. As comparsas no de Moaña son así, menos visuais e máis musicais ;-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?