Páxinas

mércores, 28 de febreiro de 2018

Febreiriño curto


Remata este febreiriño curto que pasou polo aire.
O tempo pasa sen decatarnos e o comercio da foto de arriba pasou de aberto ao público a estado intermedio de crise  con esa metáfora do galego que non se sabe se sobe ou baixa e esa escaleira que non vai nin sai a ningures. E pasou o tempo, repito, e agora está definitivamente pechado e fixeron desaparecer a escaleira e tapiaron a metade da porta para aclarar dúbidas.
E o tempo pasou e daquel Leo bebé que miramos en vídeos de hai anos chegamos a hoxe que está a estudar a reprodución humana.
O tempo atropélanos !.


2 comentarios:

  1. É verdade Pedro. Como dizia minha avó, o tempo não anda, voa.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. O tempo corre que voa; e se non espabilamos pódenos tapiar a porta pola que sair (ou entrar) e cercearnos a escaleira pola que baixar (ou subir).

    ResponderEliminar

És humano ti ?