Xela está a perder os sachos de arriba. Xa lle caiu un e o outro abanea. Na parte de abaixo un cairo é o que tembelica no sitio e así está a nena a pouco comer e sen pechar a boca.
Agora está argallando todo o día co cubo Rubik que prefíreo a mirar a Tablet. Tamén debuxa as súas persoas con roupa floreada e nubes e montañas con virandelos ou muiños de vento e bandeiras. Pon a bandeira estadounidense e pregúntolle que bandeira é esa e dime " Barras y estrellas ".
En fin, estamos colonizados.
É ela cresceu e isso acontece.
ResponderEliminarE está linda.
Abraço