Páxinas

venres, 18 de maio de 2018

DLG 2018


Mentres Leo está en Roma nós temos que facer vida normal. Onte, día das letras galegas, marchamos a Redondela aos títeres. Xela gustou da actuación deste home co seu moneco con tantos fíos que ata movía nariz, orellas e lingua aparte do resto típico. A actuación estivo mui simpática co monicreque que voaba coas orellas ou que quería pegar ao manipulador cando lle erguía o peluquín. Tamén mandaron subir a catro nenos a facer o que facía o monicreque e eles fixeron ata que o monicreque se levantou e quedou no aire.
Xela e o amigo L. déronlle de comer aos parrulos do río e ata se deixan tocar. Logo visitamos o mercadillo, fomos ao parque infantil e para casa.

2 comentarios:

  1. Enquanto o Leo está em Roma, a família busca maneira de minimizar a saudade.
    Abraço e bom fim-de-semana

    ResponderEliminar
  2. Bótanse moito de menos cando nos faltan, á que si? Pero eles teñen que ir aprendendo a voar sen nós...

    ResponderEliminar

És humano ti ?