Páxinas

domingo, 18 de novembro de 2018

Non todo é fedellar


Como o tempo adicado á casa nova non é o cen por cen, pódese levar a Leo a Chaín na outra aba do monte Galiñeiro onde cortaron o lume do ano pasado dirixindo os aspersores do campo de fútbol ao monte de fóra.

 
 
Despois do partido fomos xantar zorza a Pontellas. E que teima con aturullar estas festas con música a todo volume debaixo da carpa.
 

 
E como non é só cuestión de alimentar o corpo tamén alimentei a alma coa obra de teatro " Chicago killers " e así coñecín unhas mulleres asasinas, un avogado cobizoso, un fiscal ansioso por ser gobernador e unha policía que só se move cando rulan billetes.

Foi un domingo distinto.

2 comentarios:

  1. De vez em quando é bom fugir da rotina.
    Abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Si a un partido de fútbol lle seguen comer zorza e ir ó teatro, ata lle podería coller gusto

    Unha aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?