Case un mes sen publicar e case sen visitar a interrede que só a consultei para mirar que me tocou pagar e non cobrar a lotaría de Nadal.
A mudanza e a súa parafernalia ao redor ocupou case todo o tempo. Pero aínda houbo tempo para mirar actuar a Xela na repetición do concerto de prendido das luces de Vilaguindastre. Tamén visitei as terras veciñas de Acedre para despedir unha familiar que me encheu de bos recordos a infancia.
Houbo xantar da empresa, despedida con uvas e Leo despediu o ano tamén polas Canarias. Houbo bingo familiar e fogos no Barriño. Os nenos tiveron os seus agasallos ben merecidos polas súas notas e o Nadal marchou case sen decatarnos e case sen adornar a nova casa.
Agora a ver se volvo coller o ritmo blogueiro.
Da para moito un mes, mesmo con mudanza.
ResponderEliminarFeliz 2019
Apertas