Onte descubrimos que había un
" millor banco do mundo " cerquiña da casa así que fixemos unha curta camiñada pola senda da auga de Redondela en Cedeira e subimos ata o banco. Sabiamos que había xente sempre e que xa tivera un ataque vandálico o primeiro banco, pero descubrimos que o segundo tamén sufriu ataque e quedou sen a táboa que puña " Galiza ". Por suposto que non nos sentamos; había xente abonda e os desconsiderados que estaban sentados non daban a impresión de sair de alí. Iso si, as vistas son grandiosas.
Um local com uma panorâmica de sonho.
ResponderEliminarAbraço