Haberá unha hora que saquei a cadela a pasear e fun ao parque que temos á beira da casa que, milagreiramente, non quedou precintado pola policía local. Aquí hai paz e pode mirarse montes a quilómetros de distancia e éntrame a cobiza de poder ir ao Aloia, ou ir aos muiños do Deique ou subir a Cabreiros e mirar o gando solto ou ir ao Galiñeiro...pero non pode ser. Menos mal que teño libros abondo na casa e xa estiven no Macchu Pichu, no Sáhara, na Baixa California e agora vou a Exipto.
E hoxe tiven un agasallo, comín bigotes e torta Sacher, mandáronme un vídeo mui xeitoso e faltoume soplar unha candea pero en algo ten que notarse estes tempos tan extraños do Escornaviros.
Tempos difíciles estes, hai que ir levándoos como boamente se poida. Penso que teremos aínda para todo o mes de abril, así que ánimo e paciencia. Unha aperta.
ResponderEliminar