Páxinas
▼
xoves, 16 de abril de 2020
Fin do cole ?
Onte decidían dende o goberno se remataban o curso ou non e seica non quedou nada claro. Semella que van aprobar todos pero que haberá clases en xullo. Serán unhas clases lúdicas e frescas e sen avaliación e impartidas por vontarios e ONG's. Nada, que non está claro.
De momento mándanlles actividades aos nenos como teatro para Xela e exercicios para Leo e eles fan o que poden. Xela tamén recibe aparte clases de guitarra por videoconferencia e inglés que lle dá unha muller filipina. Na casa temos un horario no que hai tempo para clases, para lectura e para exercicio físico e máis ou menos vaise cumprindo.
Este curso quedará mui raro pero xa sabemos que despois do ataque do Becho todo cambiará.
Ánimo. como ben dis todo cambiará, e agardamos que para ben.
ResponderEliminar