Páxinas
▼
venres, 1 de maio de 2020
Comeza Maioviros
E agora comeza maio e cando non poalla chove ou sorprendentemente deixa de chover. E hoxe suponse que é o día do traballador pero poucos quedan e prohíben manifestacións anque sexan caravanas dun condutor en cada coche. Noutras ciudades fanas estáticas, con seis persoas erguidas e gardando a distancia de seguridade ou noutra cidade fan unha caravana cun número xa limitado de participantes.
E eu que navego pola arañeira e topo cancións de Xoana, unha veciña que tamén está presa, de momento, e que curiosamente falaba hai meses dun virus pero da canción.
E agora estamos coa película " Naceu unha estrela ".
Toca pasear a cadela neste último día de feche e que a Garda Civil patrulle onde sexa necesaria.
Começa Maio e oxalá ele seja melhor do que Abril.
ResponderEliminarAbraço, saúde e bom fim de semana